lunes, 25 de noviembre de 2019

Actividades do 25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O segredo de Flora: 

Unha forma de traballar a violencia de xénero desde unha perspectiva sinxela e clara.



As profesoras de 5º de Primaria, Mª Jesús e Alicia, organizaron unha preciosa actividade para conmemorar o 25 de novembro. Fixérono desde  a materia de Valores Sociais e Cívicos de 5º, pero coa colaboración do alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.

Na semana anterior ao día sinalado, a mestra de valores interpretou cunha lectura lenta e receptiva para o alumnado, "O Segredo de Flora" . Os pequenos e pequenas foron interiorizando a historia. 

Na segunda sesión, o alumnado da materia de Valores, fixo a lectura do conto ao resto de compañeiros e compañeiras de nivel de 5º de Educación Primaria coa colaboración de dúas mestras. leron o conto e cantaron a canción. Ao rematar fixeron unha asemblea grupal na que traballaron conceptos da propia historia e da violencia de xénero. 

Para conmemorar o día, o alumnado deseñou un mural con lazos e pegadas das mans lilas no que participou todo o alumnado de 5º e os seus afillados e afilladas dos cursos de 4º e 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria.






No hay comentarios:

Publicar un comentario