jueves, 31 de octubre de 2019

Xogos cooperativos

     Dentro dos múltiples programas nos que está metido o CPI de Castroverde, inclúense actividades que axudan a mellorar a cohesión do grupo - clase, enriquecen a escala de valores dos vosos fillos e fillas e favorecen a concentración e un mellor rendemento. Nesta líña están os xogos cooperativos e as cuñas motrices. 
    Os xogos cooperativos e as cuñas motrices son xogos nos que non se permite a competitividade, senón a colaboración. Neles só gañan se consiguen un reto colaborando entre todos e todas. Son xogos inclusivos, nos que cada un e cada unha aporta as súas cualidades en beneficio do grupo. Son unha oportunidade para poñer en valor habilidades diferentes das que destacan habitualmente nos deportes competitivos (velocidade, forza, reflexos...) xa que neste tipo de xogos son necesarias outras como a empatía, o compañerismo, a capacidade de comunicación ou de confiar no compañeiro ou compañeira... Os xogos varíanse en función dos participantes, de tal maneira que, se una rapaza ten un problema nun xeonllo, por exemplo, pódense facer xogos que se realizan en posición sedente ou tumbada; ou se alguén ten a visión limitada, xogos que se realizan cos ollos pechados; mesmo xogos nos que non se pode falar nin escoitar... Adaptamos os xogos de maneira que todos e todas podan aportar e recibir.
    Os xogos cooperativos realízanse nas clases de presentación, titorías, gardas... e nos recreos de todos os venres, no ximnasio.
    As cuñas motrices, pola súa banda, poden realizarse dentro da xornada ordinaria en espazos de tempo moi breves e controlados, Lonxe de resultar unha "perda de tempo" está demostrado que axudan a mellorar a aprendizaxe. e permiten un mellor rendemento á hora de concentrarse na materia.
A meirande parte dos xogos que empregaremos  están baseados no libro de Xesús R. Xares "Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades" ou ben nas cuñas motrices proporcionadas polo profesorado do programa "Aulas felices".