martes, 11 de febrero de 2020

Pioneiras na ciencia. Día da Muller na Ciencia


O grupo de 5º de Primaria, realizou esta actividade para festexar o Día da Muller na Ciencia, consistente na realización dun mural grupal das mulleres científicas descritas no libro "Pioneiras". O alumnado, distribuído por parellas, escollían unha muller pioneira para debuxar unha imaxe que recollería nunha metade á pioneira e na outra a imaxe dunha alumna do grupo clase. Engadirían os utensilios propios da profesión da pioneira que representan. O precioso mural resultante, colgouse nun dos corredores do centro. Cada parella faría un lapbook da súa muller científica co debuxo anteriormente realizado e coas características máis relevantes da súa profesión.
Unha verdadeira mágoa que non se puidera realizar a última sesión por mor da declaración do Estado de Alarma e a interrupción das clases. Esa sesión consistiría en realizar unha exposición ao alumnado de secundaria das mulleres que traballaran apoiándose no lapbook e facer unha exposición no vestíbulo do centro.