Programa Formación Permanente do Profesorado
Dende
a materia de xeografía e historia de 3º da ESO investigaron sobre a
situación da muller rural, con especial atención na muller maior, a súa
vida e situación actual.
Tras
unha detección de ideas previas a través dunha pequena posta en común, e
como punto de partida, a profesora facilitou unha batería de materiais:
- Visualización do video "La mujer en el franquismo" e debate posterior, coa aportación de información da profesora sobre a situación xurídica da muller no franquismo e como esa situación pesa na vida da muller rural e nos costumes sociais, o que vemos "normal" na actualidade, e o que ven normal as nosas avoas e bisavoas:
- O Estado franquista elaborou toda unha lexislación patriarcal, sustentada na autoridade do pai ou marido totalmente discriminatoria para as mulleres, someténdoas á autoridade do marido e relegándoas ao ámbito doméstico. "O marido debe protexer á muller e esta obedecer ao marido".
- Toda familia estaba gobernada pur un cabeza de familia, o marido, quen ostentaba a autoridade legal. A muller tiña a obriga legal de obedecer ao marido e necesitaba do seu permiso legal para calquera cousa: abrir unha conta bancaria, manexar os seus propios bens, etc.
- O marido tiña incluso a patria potestade e podía dar aos fillos en adopción sen permiso da muller.
- Non existía o divorcio.
- O adoctrinamento das mulleres levouse a cabo a través da Sección Feminina, que transmitía os valores morais e políticos do réxime e encargábase da educación das mulleres. O modelo de muller para o Franquismo era unha muller dilixente nas tarefas domésticas, abnegada e sumisa, que en ningún caso debía intentar igualarse ao home, que era considerado un ser superior.
- Prohibido o aborto e os anticonceptivos.
- A muller tenía prohibidos expresamente o traballo nocturno e outros moitos traballos. En calquera caso, para os traballos non prohibidos necesitaba o permiso do marido (licencia marital). Na práctica as mulleres traballaban de solteiras e deixaban o traballo ao casar. Estaba prohibido que as mulleres traballaran cando o marido tiña un determinado nivel de ingresos.
- Incluso existía distinta lexislación para a muller adúltera que para o home.
...-
Visualización do video "La situación de la mujer en el régimen franquista".
Visualización do video "La situación de la mujer en el régimen franquista".
- Texto "Mujer y rural, la cara más pobre del sistema de pensiones" da asociación fademur.
Nel enuméranse os principais problemas da muller rural actualmente:
- As pensións máis baixas que as dos homes, pero tamén máis baixas que as das mulleres urbanas, como consecuencia dalguns dos problemas enumerados a continuación. As mulleres rurais son un dos colectivos onde máis abundan as pensións non contributivas ou de viuvedade.
- Invisibilización do seu traballo, xa sexa no fogar como no campo, xa que o seu papel ao fronte de explotacións agropecuarias soe non estar recollido no réxime da Seguridade Social.
- A Titularidade da explotación nos matrimonios, soe estar a nome do varón. A lei de Titularidade Compartida que se aprobou hai 7 anos apenas tivo repercusión.
- A falta de servizos no rural, fai que os coidados recaian sobre os hombros das mulleres.
- As mulleres rurais teñen menores oportunidades laborais que os homes, pero tamén que as mulleres urbanas.
O alumnado traballou en grupos co texto, sacando as principais ideas para plasmalas nun mural.
- Investigación en internet sobre as ideas recollidas no texto da muller rural de fademur, para comprobar se son certas nas fontes máis fiables posibles.
- Avaliación da fiabilidade das fontes atopadas e da súa utilidade para a realización do mural colectivo.