miércoles, 25 de abril de 2018

A muller rural.

Programa Formación Permanente do Profesorado

Dende a materia de xeografía e historia de 3º da ESO investigaron sobre a situación da muller rural, con especial atención na muller maior, a súa vida e situación actual.
Tras unha detección de ideas previas a través dunha pequena posta en común, e como punto de partida, a profesora facilitou unha batería de materiais:
- Visualización do video "La mujer en el franquismo" e debate posterior, coa aportación de información da profesora sobre a situación xurídica da muller no franquismo e como esa situación pesa na vida da muller rural e nos costumes sociais,  o que vemos "normal" na actualidade, e o que ven normal as nosas avoas e bisavoas:
  •  O Estado franquista elaborou toda unha lexislación patriarcal, sustentada na autoridade do pai ou marido totalmente discriminatoria para as mulleres, someténdoas á autoridade do marido e relegándoas ao ámbito doméstico. "O marido debe protexer á muller e esta obedecer ao marido".
    • Toda familia estaba gobernada pur un cabeza de familia, o marido, quen ostentaba a autoridade legal. A muller tiña a obriga legal de obedecer ao marido e necesitaba do seu permiso legal para calquera cousa: abrir unha conta bancaria, manexar os seus propios bens, etc.
    • O marido tiña incluso a patria potestade e podía dar aos fillos en adopción sen permiso da muller.
    • Non existía o divorcio.
  • O adoctrinamento das mulleres levouse a cabo a través da Sección Feminina, que transmitía os valores morais e políticos do réxime e encargábase da educación das mulleres. O modelo de muller para o Franquismo era unha muller dilixente nas tarefas domésticas, abnegada e sumisa, que en ningún caso debía intentar igualarse ao home, que era considerado un ser superior.
  • Prohibido o aborto e os anticonceptivos.
  • A muller tenía prohibidos expresamente o traballo nocturno e outros moitos traballos. En calquera caso, para os traballos non prohibidos necesitaba o permiso do marido (licencia marital).  Na práctica as mulleres traballaban de solteiras e deixaban o traballo ao casar. Estaba prohibido que as mulleres traballaran cando o marido tiña un determinado nivel de ingresos.
  • Incluso existía distinta lexislación para a muller adúltera que para o home.
 Nel enuméranse os principais problemas da muller rural actualmente:
  • As pensións máis baixas que as dos homes, pero tamén máis baixas que as das mulleres urbanas, como consecuencia dalguns dos problemas enumerados a continuación. As mulleres rurais son un dos colectivos onde máis abundan as pensións non contributivas ou de viuvedade.
  • Invisibilización do seu traballo, xa sexa no fogar como no campo, xa que o seu papel ao fronte de explotacións agropecuarias soe non estar recollido no réxime da Seguridade Social. 
  • A Titularidade da explotación nos matrimonios, soe estar a nome do varón. A lei de Titularidade Compartida que se aprobou hai 7 anos apenas tivo repercusión.
  • A falta de servizos no rural, fai que os coidados recaian sobre os hombros das mulleres.
  • As mulleres rurais teñen menores oportunidades laborais que os homes, pero tamén que as mulleres urbanas.
- A partir da charla realizada por un grupo de docentes externos, sobre o hábitat, analizouse a satisfacción das necesidades da pirámide de Maslow  no caso das mulleres rurais.



 O alumnado traballou en grupos co texto, sacando as principais ideas para plasmalas nun mural.
- Investigación en internet sobre as ideas recollidas no texto da muller rural de fademur, para comprobar se son certas nas fontes máis fiables posibles.
- Avaliación da fiabilidade das fontes atopadas e da súa utilidade para a realización do mural colectivo.
- Realización dun mural colectivo que decidiron titular "A importancia da muller rural".

lunes, 22 de enero de 2018

A prostitución non é un traballo calquera

Todos os traballadores e traballadoras teñen uns dereitos laborais que deben ser respectados. Se a prostitución fora un traballo calquera, as medidas de protección que necesitarían as persoas prostituídas farían imposible o desenvolvemento da súa profesión, o que demostra que non é un traballo calquera.
Este traballo foi realizado polas alumnas de Iniciativa Emprendedora e Empresarial, tomando como referencia a lexislación en materia de prevención de riscos laborais, do persoal sanitario que traballa con material biolóxico de alto risco, como o semen.