martes, 26 de mayo de 2020

A linguaxe non sexista no día a día

A linguaxe non sexista debe estar presente no noso día a día. Non é necesario desdobrar cada palabra por xénero para poder expresarnos sen discriminar. Cando a linguaxe inclusiva é de calidade, non se percibe. O profesorado do CPIP de Castroverde procura facer un uso non sexista da linguaxe en todas as actividades, desde infantil a cuarto da ESO.
Neste enlace podemos acceder ás actividades programadas para 4º de Infantil nunha das semanas da cuarentena por Covid - 19. No documento, como en tantos outros do centro, non se emprega o masculino xenérico, senon expresións que evitan marcar o xénero.
E non só coidamos a linguaxe escrita ou oral, senon tamén a linguaxe gráfica e a presenza de referentes femininos. Nesta actividade interdisciplinar "A Cápsula do Tempo", procuramos incluir videos nos que ou ben se empregue unha linguaxe non sexista (un ideal que é difícil atopar nas redes) ou ben se  o audio ás veces emprega o masculino xenérico, haxa  imaxes que presenten continuamente mulleres en labores de investigación ou profesións variadas, e non só nas que tradicionalmente se lles viña asignando.
Vexamos algúns dos videos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario