miércoles, 4 de marzo de 2020

Frida Kahalo

O alumnado de primeiro de primaria, Leu o Libro "Frida" de Jonah Winter e Ana Juan explicado pola profesora, pintaron a casa azul de Frida e fixeron unha representación. Trátase de ver unha figura importante no papel da muller no mundo, adaptado ao nivel dun alumnado moi novo. Impactoulles moito a loita que tivo na súa vida ante as adversidades, e como chegou a ser unha figura tan importante a pesar de todo o que lle tocou vivir. A casa azul realizárona con caixas que colorearon e decoraron co que a súa imaxinación lles dicía que era o mundo de Frida Kahlo. O día 25 expoñerán o seu traballo ante os compañeiros e compañeiras de secundaria na biblioteca. Frida é un potente referente feminino.




No hay comentarios:

Publicar un comentario